AS CAPELAS EN TABOEXA

 

Capela de San Mamede/DOMEDIO :

 

Está situada no monte de San Nomedio, cun cumio que acada os  690m de altura.

O día 7 de Agosto realizase aquí unha romaría, a que ademais dos veciños desta parroquia acuden tamén as xentes das parroquias do arredor.

A xente acude a xeito de procesión levando consigo o Santo/a Patrón/a das suas respectivas parroquias, acompañados polo son dun grupo de gaiteiros.

As diferentes procesións xuntanse na porta da capela para o saudo dos Santos.

Son moitos os asistentes a esta romaría, que prefiren xantar alí. Alguns levan o xantar das súas casas e outros aproveitan a ocasión, para degusta-lo  polbo a feira  ou o churrasco que alí se vende. Pola tarde a xente bailla o son dos gaiteiros. Rematada xa a romaría, as xentes voltan cara as súas casas collendo o camiño de San Pedro de Batallans. Onde chegando o pé dun cruceiro voltarán baillar o son dos gaiteiros.

        Existe neste monte unha cadeira de pedra moi antita e rodeada de varias lendas:

a)      San Nomedio, sentaba nela para falar cos seus irmáns.

b)      San Nomedio, tiña seis irmáns, cando un deles caeu o río e afogou os outros subiron cada un o alto dun monte, para tentar o que caíra.

 

         Esta lenda é a mais extendida.Os supostos irmáns de San Nomedio 

         serían:

 

a)      San Fins: sanda os oidos ( hai que levarlle tellas)

b)      San Bartolomeu: quita o medo (hai que levarlle coellos e galiñas).

c)      San Vicente : sanda os dentes (hai que levarlle sal)

d)     San Sebastián : sanda as reumas

e)      San Amaro: sanda os brazos (hai que levarlle brazos de cera)

f)       A Virxe da Ascensión

VISTAS DENDE  SAN NOMEDIO

 

Capela da Ascensión:

 

        Está situada no barrio da Carrasqueira. A celebración da sua festa non ten unha data fixa, xa que esta ponse seguindo as contas do refrán:

“Das Pascuillas a Ascensión cuarenta días son”

        O único de carácter fixo é que ten que ser un xoves do mes de Maio. Segundo alghuns relatos, celebrabase antigamente nesta capela unha festa todo-los meses. 

 

Capela de San Vicente:

 

 Atopase situada no barrio dos Píos, a súa festa celebrase o 22 de Xaneiro.  Existe nesta capela un Peto de Ánimas, de tipo pechado, que está coroado por unha cruz petrea.

 

Capela de San Sebastián:

 

          Atopámo-la no barrio da Moeira, a súa festa celebrase o 20 de Xaneiro.

 

Capela de San Bartolomeu:

Esta situada nun couto do mesmo nome. A súa romaría celebrase o 24 de Agosto.

Os devotos deste Santo acuden, levando consigo coellos e galiñas, que permanecen en gaiolas ata que pola tarde son subastadas mediante un sistema de poxa.

Tamén levan a os mais cativos da casa, para darlle co Santo na cachola, xa que dín que lles saca o medo do corpo (Este costume, podería ter orixe en rituais guerreiros. Documentados na cultura Celta e posiblemente coincidente co ritual que conlevaba consigo a propia sauna no caso de ter existido

                           

 

 

Outros datos de interese: Un dato (do que non existe, documentación que o confirme) é que antigamente existía en Taboexa un Mosteiro, denominado “Mosteiro de Freiras”
Moi preto da capela de San Bartolomeu (entre a parroquia de Taboexa e a de Rubios) existía unha capela que recibía o nome de “Capela de San Antoniño"

 

 


 

TRADUCIR A: TABOEXA, AS NEVES. PONTEVEDRA. TABOEXA WEBGalegoTABOEXA, AS NEVES. PONTEVEDRA. TABOEXA WEBCastellanoTABOEXA, AS NEVES. PONTEVEDRA. TABOEXA WEBPortuguesTABOEXA, AS NEVES. PONTEVEDRA. TABOEXA WEBEnglishTABOEXA, AS NEVES. PONTEVEDRA. TABOEXA WEBFrançoiseTABOEXA, AS NEVES. PONTEVEDRA. TABOEXA WEBChino