O Centro
de Interpretación do
Patrimonio e Local
Socio-Cultural ten como
función principal promover
un ambiente para o
aprendizaje creativo, dando
a coñecer ás xeracións
presentes o significado dun
legado cultural e histórico,
constituído polos bens
arqueolóxicos e
arquitectónicos da zona.
Está orientado a cubrir
catro funcións básicas:
investigación, conservación,
divulgación e posta en valor
do entorno. Neste caso os
elementos e valores
históricos dun ben inmoble
que lle sirve de sede, así
como os valores culturais e
patrimoniais aquí expostos.
Conta cunha Exposición
Permanente dos bens
patrimoniais de maior
relevancia de Taboexa:
Capelas, fontes, cruceiros,
muiños, reloxos de sol,
petos de ánimas, petrogrifos
e o Castro de Altamira; todo
elo constitúen legados
importantes que desexamos
dar a coñecer ós visitantes
que acudan a este Centro.
As nosas actividades
están dirixidas á población
en xeral, dedicando especial
atención ós visitantes de
grupos organizados e a
escolares.
O conxunto de actividades
que oferta este centro van
encamiñadas a revelar e a
explicar ó público visitante
o papel e o significado do
patrimonio histórico e
cultural mediante a súa
interpretación contemporánea
có fin de aumentar a
sensibilización e facer máis
eficaz a conservación do
patrimonio en xeral.
SERVICIOS E OFERTA DO
CENTRO:
Explicación da exposición
permanente
Visita guiada no centro de
interpretación
Proxección de audiovisuais
(duración aprox. 20 min)
Rutas guiadas ó aire libre
Salón de usos múltiples
Biblioteca
Sala de ordenadores con
acceso a Internet
Sala de ocio e cafetería
INFORMACIÓN E VISITAS
Mércores-Xoves-Venres
Sabado e Domingo
Horario: 10-14 h. 17-21 h.
Entrada sala de
exposicións: 1€/persoa
Grupos (según contratación
de actividades). Prezo a
concertar
(34) 986.65.27.33
Dirección:
Lugar da Rata,
Taboexa – As Neves
Pontevedra
A52 Vigo – Ourense
Saída 287 ( a 2 Km saída
autovía estrada Taboexa – As
Neves Pontevedra)
FONTE: Concello de As
Neves |