Na seguinte lista cítanse
algunhas das fontes que se poden atopar en Taboexa.
O igual que en moitas outras zonas de Galicia, na
noite de San Xoán (noite de Beltaine, como lle
chamaban os celtas). Os que padecían algunha
enfermidade, sandábanse naquela noite bebendo a auga
de nove fontes distintas pertencentes todas a mesma
parroquia.
1. Fonte do carulo
2. Fonte de San Sebastián
3. Fonte da igrexa
4. Fonte fría
5. Fonte de Milaxendo
6. Fonte de Don Luís
7. Fonte de Morgallón
8. Fonte de Arufe
9. Fonte do Regueiro da Sargenta
10. Fonte da Regueigada
11. Fonte da chandandeira
12. Fonte de San Nomedio
13. Fonte de San Bartolomeu
14. Fonte do Casal
15. Fonte do Corvo
16. Fonte do Coto
17. Fonte de Jimar
18. Fonte da Pedra
19. Fonte de La Mama
20. Fonte da Meixuiña
21. Fonte do Caneiro
22. Fonte da Dúrana
23. Fonte da Encrucillada
24. Fonte dos Seixos Brancos
Outros datos de interese:
Un dato (do que non existe, documentación que o
confirme) é que antigamente existía en Taboexa un
Mosteiro, denominado “Mosteiro de Freiras”
Moi preto da capela de San Bartolomeu (entre a
parroquia de Taboexa e a de Rubios) existía unha
capela que recibía o nome de “Capela de San
Antoniño"