|
A historia de Taboexa remontase tal e
como datan os restos arqueoloxicos a tempos moi lonxevos,
no que os antepasados Celtas xogaron un papel moi
importante para esta parroquia, dende o propio nome
desta as suas crenzas, lendas, ritos...
Taboexa hoxe en día e considerada
como un caso "especial" dentro da prehistoria de Galicia
posto que tal e como afirman moitos autores os numeros
restos atopados non concordan co tamaño do pobo ou do
que se presupón "pequeno" poboado castrexo de Altamira,
o cal inda hoxe suscita medo entre moitos dos seus
habitantes polas extensas lendas que o rodean. Este
feito fai que alguns autores establezan para Taboexa un
pasado "máxico" como un lugar de culto especial que
facía que o transito por este pobo fose moito mais
fluido do habitual. O gran numero de capelas e lendas
que as rodean, así como a igrexa que ten as suas propias
lendas e que parecen facer alusión a algún tipo de cova
ou caverna non natural empregada para ritos iniciaticos
e que estaría situada no mais que probable acceso o
poboado parecen soster esta teoría. O feito de que en
Altamira existira fai tempo unha canteira podería ter
significado tamen a desaparición de moitas das pedras
polo cal se cadra o castro era moito mais grande do que
se sabe, se ben inda así parece obvio que ambalas duas
hipoteses teñen razón e van collidas da man.
Antigamente Taboexa, chamabase Tabulela, que podería vir
da palabra Tabulae (taboleiro de xogos) posiblemente
explicando así un dos petroglifos mais importantes de
Taboexa. Tamén existe a teoría de que Tabulela significa
simplemente (taboa-vella).
Nesta parroquia podemos atopar: castros, laxes gravadas,
lagaretas de aceite, pías furadas, laxes sacrificiais,
covas. Todo isto de orixe castrexo-celta sen querer
entrar no politizados que estan estes dous termos para
desgracia de a quen simplemente lle gusta estudar este
tipo de temas.
Tamén hai que destacar as outras grandes riquezas de
esta vila, xa que posúe numerosas fontes, cruces e
cruceiros de ánimas, muíños de auga, capelas etc...
TRADUCIR A:
Galego Castellano Portugues English Françoise Chino
|