PETOS DE ÁNIMAS

 

Petos de ánimas e cruceiros:

 

* Lugar da encrucillada

No lugar da Encrucillada atopamos un peto de ánimas que data do ano 1787.Este peto é de tipo pechado, ten unha cruz que o coroa, nel vese un sol e unha lúa e está protexido por unha reixa de ferro.

O retablo é de madeira, presidido por San Antón, ten unha almiña a cada lado as que lles  estende as mans. Debaixo hai outras tres ánimas (a do medio é un Crego).

Pola parte de arriba pon: 

                    “Por cuenta de Manuel Arriba 1898”

     E pola parte de abaixo pon:

                     “Hermanos que bais pasando, acordaos de nosotras que

                       estamos penando”   

 

* Lugar dos Píos:

 Existe aquí un peto de ánimas e unha cruz, que están moi preto un do outro.

O peto é de tipo pechado e está coroado por unha cruz, na parte dianteira ten o caixón das esmolas.

O epígrafe di:

            “Esta obra mando azer Dom (ing) O F (e) R (nande) S

 

  *Lugar da Carrasqueira:

 

Neste barrio atopase un cruceiro de ánimas podemolo ver, no camiño que leva a capela da Ascensión.

 

      Na parte dianteira existen duas ánimas que semellan estar pregando. O capitel é sinxelo  con catro cabezas de anxo, unha por cada lado.  

.     Na parte traseira hai unha Virxe que está de pé coas mans xuntas. E no

      retablo hai duas ánimas.

 

*  Lugar da Moreira

Aquí existe un peto de ánimas de tipo aberto, o retablo é de pedra de estilo moderno presidido por San Antón. Debaixo  aparecen tres ánimas entre o lume (o do medio é un Crego).

 

  *  Lugar da igrexa:

 

Tratase dun Peto-Tumba (existen poucos como este) atopase no vello cemiterio, o carón da igrexa. É semellante a unha gran capela, que serve o mesmo tempo como monumento funerario. Alberga un total de seis corpos. O retablo é de pedra e está presidido pola pomba do Espiritu Santo, debaixo atopase a imaxe de San Miguel cunha bascula na man dereita (empregada para sopesar as boas e as malas accións das ánimas.) 

Na parte inferior do retablo existen cinco ánimas.                 

                                     PETO-TUMBA

 

 

TRADUCIR A: TABOEXA, AS NEVES. PONTEVEDRA. TABOEXA WEBGalegoTABOEXA, AS NEVES. PONTEVEDRA. TABOEXA WEBCastellanoTABOEXA, AS NEVES. PONTEVEDRA. TABOEXA WEBPortuguesTABOEXA, AS NEVES. PONTEVEDRA. TABOEXA WEBEnglishTABOEXA, AS NEVES. PONTEVEDRA. TABOEXA WEBFrançoiseTABOEXA, AS NEVES. PONTEVEDRA. TABOEXA WEBChino