UNHA HISTORIA LABRADA EN PEDRA

 

No barrio de Morgallón, existe unha hipotética “Laxe sacrificial”.Atopamos tamén un hipotetico taboleiro de xogos celtas que podería ter dado o nome o pobo.
 

No camiño da “Adreira” aparece unha laxe que ten gravada unha serpe preñada que mide dous metros xustos. Outro símbolo relacionado coa fecundidade feminina e que curiosamente e o 2º petroglifo zoomorfo meirande dos atopados en Galicia. Na cultura celta (Cultura chamada así polos romanos e gregos) a serpe tiña unha connotación enerxética. De feito en Gaélico Irlandés recibe o mesmo nome. Esta connotación vai na liña do resto de petroglifos e capelas que parecen querer deixar claro o "poder fertilizante" ou "práctica de rituais fertilizantes" naquela zona.

Video ilustrativo en Youtube realizado por: http://buscandoentrelaniebla.blogspot.com/

 

LUGAR DO MOURO:


Está moi preto da citania de Altamira, constitúena tres ou catro casas en ruínas.

Tratase dun poboado Celta, que segundo din moitos dos autores que o estudaron e parte de un patrimonio intanxible e tanxible que leva a estes historiadores a soster a hipotese de que Taboexa foi ou un lugar de culto ou un poboado moito meirande do que se sabe e obxectivamente baseandonos na cantidade de restos atopados e petroglifos así o parece. Nembargantes cabe subliñar que o que hoxe coñecemos como Taboexa sen dúbida mudou moito dende que aqueles pobos "castrexos" o poboaron. Estes pobos foron cronoloxicamente os que fixeron a pía furada, que nos convertemos co paso do tempo en Algorxe de lagareta. E tamén a laxe dos penes que ata fai ben pouco pasou desapercibida e cronoloxicamente parecen distar uns mil anos se ben isto como case todo na historia non deixa de ser unha hipotese xa que nunca se realizou unha proba de Carbono 14 que obxectivamente daría ou non a razón a esas hipoteses.

 

Esta citania proporcionounos o longo da historia cousas tales como:
Muíños de man, Candeas, Fíbulas, Machados, Peites,  Pesas furadas, Cravos, Puntas de lanza, Coitelos e Atopáronse tamén unhas poucas moedas furadas da época do Imperio Romano.
 

No ano 1929 fixéronse as primeiras escavacións, algúns dos datos das mesmas dábanse a coñecer no ano 1930.En 1953 coñecíanse algúns datos mais. Entre 1973 e 1976 realizábanse unhas novas escavacións nas que os hachos foron de ouro e prata e déronse a coñecer no ano 1986.
Actualmente no museo de Pontevedra existen un grupo de moedas da época romana das que hai constancia dende o ano 1990. Na derradeira escavación que tivo lugar no 1999 atopáronse diversas figuras de bronce.
- Un Mercurio Un Pedestal
- Un Togado Un Aplique
- Un Genios Un Boi
- Un Pé Unha Sítula
- Unha Á Unha Lucerna

Neste lugar existe segundo a lenda unha cova , a chamada “Cova da Moura”  (Poderíase tratar atendendo a tradición oral de unha hipotética sauna Celta. Similar as de Briteiros. BRAGA e que non foron identificadas ate o ano 1950 como tal ou a de Augas Santas en Allariz. Ourense). A lenda di que dende debaixo do altar da Igrexa existe un tunel que comunica co poboado... Curiosamente estas saunas atopabanse na entrada dos poboados e vendo que a propia sauna de Augas Santas esta semisoterrada pola capela de Augas Santas a fin de cristianizar/ocultar aquel ritual barbaro que os levaba a untarse en aceites e herbas antes de tomar a sauna como citou no seu día o propio Estrabón... podenos facer pensar que esa hipotetica cova debaixo da igrexa e que comunica con pleno centro do poboado e unha lenda un tanto distorsionada e esaxerada (esta última virtude ou defecto que tamen os romanos atribuiron a esta cultura) do uso tradicional que realmente tivo. A propio lugar onde se erixe a Igrexa pode encaixar perfectamente con esta hipotese posto que se trataba de construcción semi soterradas.


LAGARETA DE ACEITE/VIÑO

Atopámola a uns sete pasos cara o sur da laxe dos penes (no lugar do Mouro).
A lagareta está gravada nunha gran laxe, ten un rego semellante a un corazón rematando nun depósito .
O depósito ten unha capacidade de séte litros(a mesma cantidade de sangue que teñen os bois) ten 34cm de longo e 24cm de ancho.
O mais abraiante do depósito é a súa capacidade para conserva-la auga da choiva , limpa e fresca durante moitísimo tempo.
Esta laxe é de granito,e debeu ser empregada nun principio como lagar ou prensa de olivas.

A lagareta está moi próxima a laxe dos penes o que fai pensar que poida ter algún tipo de relación. Unha das hipóteses recollidas é que parte do aceite recollido, fose empregado para practicas ou ritos sexuais. O que non sabemos é se era empregado como desinfectante ou como estimulante, coma fertilizante o cal parece mais lóxico....

Tamén parece ser, aínda que polo de agora non se atopou é que existe un segundo algorxe . Algúns datos sinalan que este algoxe era empregado para a practica de sacrificios cruentos e parecen apuntar a que non foi o azar o feito de que teña exactamente 7 litros posto que existe documentación bibliográfica de que sacrificaban bois por exemplo para recoller o Muerdago das arbores en sinal de agradecemente e aproximadamente un boi ten 7 litro de sangue, se ben isto non explicaría o resto da construcción.... Este algorxe é o único algorxe de carácter fixo (feito en laxe directamente) atopado polo de ágora en todo Galicia.
 

A LAXE DOS PENES:

 

Está situada moi preto do castro de "Altamira", no lugar do Mouro.
Tratase dunha pedra ou rocha, que ten gravados (hipoteticamente dous penes). Case no medio deles atopase un pequeno furado de forma circular.


Segundo as hipoteses, antigamente as mulleres que querían quedar preñadas refregaban o seu sexo contra esta laxe, xa que tiña poderes fecundadores femininos ou ben o aceite elaborado na laxe se untaba nas partes masculinas e/ou femininas e a laxe podía servir simplemente de lugar para se sentar...
Na parte dianteira desta laxe, existe unha especie de chanzo para sentarse aproximando as pousadeiras ata os membros virís.
No século XVIII a igrexa encargouse de que os ritos fecundadores , quedasen no esquecemento.
A lonxitude destes penes excede tódalas estadísticas, xa que un deles mide 24’5 cm e o outro case 23cm o furado mide 6’5cm de diámetro (os dous hipoteticos penes sinalan cara el).

Entre o furado e os penes forman un ángulo recto, que se asemella a un sete (7). 7 litros, 7 pasos de distancia... se cadra e simplemente coincidencia pero resulta chamativo...

CASTRO DE ALTAMIRA

 

Castro de Altamira:
Atopase no monte de Altamira e tratase dun dos maiores xacementos de bronce.
Apareceron tamén aquí diversas pezas líticas do Paleolítico e do Neolítico.
Os elementos mais destacados dos achados son:
* Bronces romanos
* Unha ara dedicada a Mercurio
* Fragmentos de estatuas
* Unha cabeza de can
 
Tamén hai presenza dalgunhas construcións Celtas.
A parede mais alta deste castro, actualmente non chega o metro de altura.

Video ilustrativo en Youtube realizado por: http://buscandoentrelaniebla.blogspot.com/

 



 

TRADUCIR A: TABOEXA, AS NEVES. PONTEVEDRA. TABOEXA WEBGalegoTABOEXA, AS NEVES. PONTEVEDRA. TABOEXA WEBCastellanoTABOEXA, AS NEVES. PONTEVEDRA. TABOEXA WEBPortuguesTABOEXA, AS NEVES. PONTEVEDRA. TABOEXA WEBEnglishTABOEXA, AS NEVES. PONTEVEDRA. TABOEXA WEBFrançoiseTABOEXA, AS NEVES. PONTEVEDRA. TABOEXA WEBChino