RITOS E LENDAS EN TABOEXA

Ritos e lendas:

O igual que en moitas outras zonas de Galicia, na noite de San Xoán (noite de Beltaine, como lle chamaban os celtas).

Os que padecían algunha enfermidade, sandábanse naquela noite bebendo a auga de nove fontes distintas pertencentes todas a mesma parroquia.


Debaixo do altar da igrexa existe un túnel, que chega ata a entrada da Cova da Moura.Nun treito do camiño existe unha estatua da Virxe Moura, feita de ouro.Di a lenda que aquel que a mira queda cego.

Na noite de San Xoán, os veciños do pobo que tiñan problemas na pel saían nesa noite na procura dalgunhas plantas para engadir na auga do baño.
As plantas mais empregadas eran:

a) Fentos
b) Herba Luísa
c) Romeu
d) Malvas
e) Rosas
f) Hipérico
g) Sabugueiros
h) Fiúncho
i) Fumeira (ou Raína dos prados)

Di a lenda que dous irmáns de San Nomedio (San Amaro e San Fins) pelexaban moito e San Nomedio decidiu polos lonxe un do outro.

Sen que nin sequera se puidesen ver, pero onde el os puidese ver os dous.

 

TRADUCIR A: TABOEXA, AS NEVES. PONTEVEDRA. TABOEXA WEBGalegoTABOEXA, AS NEVES. PONTEVEDRA. TABOEXA WEBCastellanoTABOEXA, AS NEVES. PONTEVEDRA. TABOEXA WEBPortuguesTABOEXA, AS NEVES. PONTEVEDRA. TABOEXA WEBEnglishTABOEXA, AS NEVES. PONTEVEDRA. TABOEXA WEBFrançoiseTABOEXA, AS NEVES. PONTEVEDRA. TABOEXA WEBChino