1. Está situado no cumio dun
couto da montaña de Altamira a 321 m de altura.
2. Existe aquí unha importante citania, que foi
redescuberta polo antigo Alcalde de As Neves D. Juan
Álvarez Gónzalez que exerceu de mestre na parroquia
de Taboexa.
3. Existe tamén a capela de San Bartolomeu, que foi
mandada construir polo Crego de Corzans D. Bartolomé
Fortes.
4. O que non sabemos con exactitude e o ano da súa
construcción , xa que na parte exterior traseira
aparece gravado 172- .
5. Na fachada desta capela, podense ver tres cunchas
de vieiras ( que representan o aparato reproductor
femenino).Polo que algunhas fontes sinalan a que San
Bartolomeu sucedeu no tró a Demetrio e a Ceres ,(
Deus grego) e( Deusa romana) que representaban a
fecundidade feminina.
6. Esta capela foi reformada no ano 1982
En San Bartolome existe unha
fonte que de sempre se recomendou por ter auga
ferrea e de feito si deixa un lixeiro sabor metálico
no padal. Existe a lenda de que os celtas enterraron
alí as suas espadas antes de seren vencidos polos
romanos (probablemente
poida tratarse do mítico
monte Medulio) e por iso a auga e tan rica en
ferro. A estas augas atribuenselle propiedades
curativas mais alá do que se lle outorgaría polo
feito de ter ferro, sen dúbida isto xa era coñecido
fai moitos anos.
Outros datos de interese:
Un dato (do que non existe, documentación que o
confirme) é que antigamente existía en Taboexa un
Mosteiro, denominado “Mosteiro de Freiras”
Moi preto da capela de San Bartolomeu (entre a
parroquia de Taboexa e a de Rubios) existía unha
capela que recibía o nome de “Capela de San
Antoniño"