SAN DOMEDIO, (San Mamede, San Nomedio...)

Está situada no monte de San Nomedio, cun cumio que acada os 690m de altura.
O día 7 de Agosto realizase aquí unha romaría, a que ademais dos veciños desta parroquia acoden tamén as xentes das parroquias do arredor.
A xente acude a xeito de procesión levando consigo o Santo/a Patrón/a das súas respectivas parroquias, acompañados polo son dun grupo de gaiteiros.
As diferentes procesións xúntanse na porta da capela para o saúdo dos Santos.
Son moitos os asistentes a esta romaría, que prefiren xantar alí. Algúns levan o xantar das súas casas e outros aproveitan a ocasión, para degusta-lo polbo a feira ou o churrasco que alí se vende.
Pola tarde a xente baila o son dos gaiteiros. Rematada xa a romaría, as xentes voltan cara as súas casas collendo o camiño de San Pedro de Batallans.
Onde chegando o pé dun cruceiro voltarán bailar o son dos gaiteiros.
Existe neste monte unha cadeira de pedra moi antiga e rodeada de
varias lendas:
a) San Nomedio, sentaba nela para falar cos seus irmáns.
b) San Nomedio, tiña seis irmáns, cando un deles caeu o río e afogou os outros subiron cada un o alto dun monte, para tentar o que caira.


Esta lenda é a mais estendida. Os supostos irmáns de San Nomedio
serían:
a) San Fins: sanda os oídos ( hai que levarlle tellas)
b) San Bartolomeu: quita o medo (hai que levarlle coellos e galiñas).
c) San Vicente : sanda os dentes (hai que levarlle sal)
d) San Sebastián : sanda as reumas
e) San Amaro: sanda os brazos (hai que levarlle brazos de cera)
f) A Virxe da Ascensión


¿PODE SER SAN DOMEDIO O MÍTICO MONTE MEDULIO?

A HIPOTESE EN: Monte Medulio

 

TRADUCIR A: TABOEXA, AS NEVES. PONTEVEDRA. TABOEXA WEBGalegoTABOEXA, AS NEVES. PONTEVEDRA. TABOEXA WEBCastellanoTABOEXA, AS NEVES. PONTEVEDRA. TABOEXA WEBPortuguesTABOEXA, AS NEVES. PONTEVEDRA. TABOEXA WEBEnglishTABOEXA, AS NEVES. PONTEVEDRA. TABOEXA WEBFrançoiseTABOEXA, AS NEVES. PONTEVEDRA. TABOEXA WEBChino