No camiño da “Adreira” aparece unha laxe que ten
gravada unha serpe preñada que mide dous metros
xustos. Outro símbolo relacionado coa fecundidade
feminina e que curiosamente e o 2º petroglifo
zoomorfo meirande dos atopados en Galicia. Na
cultura celta (Cultura chamada así polos romanos e
gregos) a serpe tiña unha connotación enerxética. De
feito en Gaélico Irlandés recibe o mesmo nome. Esta
connotación vai na liña do resto de petroglifos e
capelas que parecen querer deixar claro o "poder
fertilizante" ou "práctica de rituais fertilizantes"
naquela zona.