
Taboexa é
unha das meirandes parroquias , que compoñen o Concello
de As Neves na provincia de Pontevedra. Galicia. Taboexa
situase a 30 minutos de Vigo e a tan só 8 minutos de
Portugal.
A forma de Taboexa é moi alongada, estendéndose por toda
a saia do monte de San Nomedio, monte que probablemente
poida tratarse do mítico
monte Medulio
segundo barallan algunhas hipoteses baseadas na
toponimia da zona incluida a veciña Meder, a romaria do
medo celebrada a escasos metros de San Nomedio
(Anteriormente San Mamede) e que como apuntou Paulo
Orosio (a priori ben coñecedor da Hispania e
concretamente da antiga Gallaecia) este monte estaba moi
preto do rio miño . O Monte
San Nomedio e o punto mais alto de Taboexa e arredores
con case 700 metros de altitude, onde se celebra una
grande romería cada sete de agosto se ben dunha época
para este tempo e común facer acampadas varios días
antes. Taboexa posúe 723 veciños segundo o último censo.
En Taboexa atópase un dos restos castrexos máis
interesantes de cantos existen na peninsula a pesares
dos poucos esforzos das diversas administracións por
conservalos. O castro de Altamira que segundo moitos
autores e parte de un patrimonio intanxible e tanxible
que leva os historiadores a soster a hipotese de que
Taboexa foi ou un lugar de culto ou un poboado moito
meirande do que se sabe e obxectivamente baseandonos na
cantidade de restos atopados e petroglifos (estes
ultimos so documentados gracias a iniciativa propia de
algúns dos seus habitantes), no que se atoparon bronces
romanos, fragmentos de estatuas, unha ara de Mercurio e
incluso unha cabeza de can... fan pensar e soster a
hipotese nada chovinista da sua riqueza cultural e
histórica.
A igrexa de
Taboexa é de estilo renacentista e por toda a parroquia
extendense multitude de capelas
e petos de animas en
cantidades inpropias dun pobo de 723 veciños o que sen
dúbida veñen a corroborar o anteriormente sostido. O
tecido económico basease fundamentalmente no pequeno
cultivo de pequenas parcelas de millo, patacas, viño e a
gandeiría a pequena escala. Nos montes de mancomún
existen tamen duas plantacións vinícolas. A principio
dos anos 90 o circuito de motocros de Taboexa erixiase
segundo a prensa especializada nun dos mais importantes
de España e incluso se barallou a posibilidade de
celebrar campionatos de Europa. Posterimente tamen se
barallou a posibilidade de construir sobre el un
circuito de alta velocidade. Actualmente o circuito de
motocros so serve para que algúns corredores adestren
alí. Outra particularidade e a capela de San Bartoloméu,
onde cada 24 de agosto, celebrase a “romería do medo”
consistente en darlle co santo na cabeza a quenes teñen
medo. Posteriomente nesta mesma romería celebrase unha
tradicional "poxa" de
animais ofrecidos o santo por lles ter cumprido algúnha
petición ou simplemente para solicitarlla. Na capela
abundan indicios de que anteriomente a esta celebrabanse
ritos pagáns de fertilidade en clara consonancia
ca cercana laxe dos penes e a lagareta.
Moi preto de alí e
illados nun reducto que inda hoxe suscita mais temor
entre os maiores polas suas lendas de mouras peiteandose
e covas que levan directamente o centro da terra que por
eles habitan alleos a todo isto os únicos Alacráns (Escorpions)
de toda Galicia segundo apuntan os científicos. Sobra
dicir que como todo o que supón patrimonio cultural ou
natural non parece dar votos estes non están protexidos
mais que polo medo que suscitan uns animais de estas
caracterisiticas e o inaccesible do terreo en moitas
partes.
Actualmente os
veciños reunense no CIP Centro de Interpretación do
Patrimonio de Taboexa que se erixiu como punto de
encontro e cultura dos veciños de Taboexa. A proxima
apertura do Porto Seco e a mellora das comunicacións con
Vigo, Ourense e proximamente con Pontevedra fan de
Taboexa un lugar con un grande futuro e ideal para vivir
illado das grandes urbes a pesar de telas ben preto,
especialmente Vigo por ser a mais grande de Galicia e
onde moitos mozos de Taboexa traballan directa ou
indirectamente na propia cidade ou no cercano polígono
de O Porriño. Asemade tamen e unha grande alternativa
para poder traballar dende "casa" nun marco incomparable
xa que as novas tecnologías asi o permiten.
TRADUCIR A:
Galego Castellano Portugues English Françoise Chino
|